First commit

This commit is contained in:
Nathan
2026-09-18 20:29:17 -06:00
commit 3b09abe571
2840 changed files with 467153 additions and 0 deletions
@@ -0,0 +1,7 @@
<h2>Ligazóns permanentes</h2>
<p>As ligazóns permanentes empréganse para facer os urls dos álbums máis agradables. Cando un álbum ten unha ligazón permanente definida, o id do álbum deixa de ser necesario no url.</p>
<p>Cando se borra unha ligazón permanente, pode ser gardada no histórico de ligazóns permanentes, deste xeito as ligazóns externas ás páxinas de Piwigo continúan a traballar. Na taboa histórica de ligazóns permanentes pódese ver a data na que a ligazón permanente se borrou, a última vez que se usou e o número de veces que esta ligazón permanente foi empregada.</p>
<p>Nótese que as ligazóns permanentes deben ser únicas para cada álbum. Amais na táboa histórica de ligazóns permanentes non se pode ter definida a mesma ligazón permanente máis dunha vez.</p>